Sunday 28 de April de 2024

Papá Noel visita aos alumnos e alumnas da EIM Raíña Lupa de Boqueixón, as Escolas Unitarias e a residencia de maiores


O Concello de Boqueixón viviu hoxe unha xornada de ilusión coa visita de Papá Noel aos alumnos e alumnas da Escola Infantil Municipal Raíña Lupa e das Escolas Unitarias e aos usuarios e usuarias da residencia de maiores de Codeso.

Santa Claus encheu de ilusión á cativada coa súa visita, na que aproveitou para agasallalos con doces. Ademais, tamén tivo a ocasión de escoitar os desexos para estas festas das cativas e cativos.

Esta actividade inclúese dentro do programa especial de Nadal desenvolvido polo Concello de Boqueixón.